
Sempre que chegaba dicía "iste é dos meus". Acórdame cando pasamos aquela tarde falando de cando era neno, do que pasara no 36, o ambiente, a hostilidade, o mitín das esquerdas boicoteado a pedradas, as procesións salpicadas por berros e blasfemias, a detención do cura, dos ¡Viva Rusia! e !Muera España! e de como viñeran os falanxistas a súa casa para preguntar polos seus irmaos e seu pai dixolles que non quería saber nada de partidos políticos, sabía ben como as gastaban aqueles, paraban a xente para mallar nela, ou cousas piores.
A última vez que falamos dixo que lle doía todo e que solo sufría pero había que esperar a que o chamasen, eu fora con presa, tiña partido, e non quedei máis de 15 minutos, cantas veces nos pasa que lle damos tempo a quen non o merece e escapamos dos que nos queren ben.
Ahora xa acabou todo. Cos ollos mollados e o corazón na gorxa, que a terra te sea leve tío ¡Ata sempre!