martes 14 de diciembre de 2010

Declaración



Que che teño xenreira
din as malas lenguas.
Todo porque non te uso coma un uniforme
que se pon no traballo
e se quita ó salir pola porta.
¡Fariseos!
Eles non saben o noso.

Non saben que eres a miña amante,
a que me visita no meu xergón
sanando as miñas feridas,
inspirando as miñas fantasías.
A que sempre acode cando a necesito
coa palabra precisa pra desafogarme,
coa paixón pra facerme sentir vivo.

Que che teño xenreira
pensan os depositarios da pureza,
porque non es o meu becerro de ouro.
Deíxaos, falar con eles é como sementar en laxe,
tempo perdido,
son féridos e duros,
non nos entenden, non.